Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DISCURSO SERVIDUME

GALAXIA MEDO

Imaxe
Parte superior do Universo Emocional. As galaxias agrúpanse en parte de arriba como positivas e as da parte de abaixo como negativas, positivo e negativo hai que entendelo como concepto de polaridade u oposición, non como bon ou malo. IMAXINACIÓN EMOTIVA As emocións fortes non se poden comprender en profundidade ate que non se experimentan realmente. Si un experimentou un medo moi forte, sabe da dificultade para que outro poida entendelo a partir das explicacións verbais. Para entender as emocións hai que experimentalas. A "imaxinación emotiva" nos permite experimentar emocións soamente estimulando o pensamento. Non son emocións reais, senón simuladas, pero poden axudar a entender mellor o que nos pasa cando as experimentamos. QUE É O MEDO? O Medo é a emoción que se experimenta ante un perigo real e inminente, que se vive como arrolado e que pon en risco a saúde e a vida. O Medo é activado por ameazas a nosa seguridade física en primeiro lugar. Tamén pola ameaza a persoa...

INFORME E DATOS DO «XENOCIDIO» NA COMARCA DE PLANAS, «LILA» A PRINCESA "CUIBA" DO CAPANAPARO E A «GUAHIBIÁ» DA "COMUNIDADE NUKAK"

Imaxe
INFORME E DATOS DO XENOCIDIO NA COMARCA DE PLANAS, NO ANO DE MIL NOVECENTOS E SESENTA E NOVE, CONFIRMADOS POLO VEEDOR DON PIOQUINTO GACHALÁ ENCARGADO DOS ASUNTOS INDÍXENAS DO DEPARTAMENTO DO META E NA XURISDICCIÓN DE VILLAVICENCIO.- Ao Alto Senado da República e ás Vosas Señorías, honorabeis gardas da Lei, na humildade dos meus coñecementos e na honra e mercedes que me fan, como comisario e veedor nestas terras do Meta e Casenare, e por razón do grande infortunio acaecido ás xentes que tutelaba o vello cacique Capanaparo dos "cuibas", meu amigo, e por que haxa a suficiente luz nestes sucesos e se cumpran a lei e a xustiza que en todo caso Vosas Señorías sempre outorgan, paso a esmiuzar os pormenores de todo aquilo que me foi dito e que os meus ollos viron, e as consecuencias que se poden tirar do acontecido... O LENE BRUIDO DO VULTO. De lonxe viamos o vulto enriba do samán senlleiro da planicie e non distinguiamos se era un grande abutre, dos que revoaban na outra banda ...