Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2026

GALAXIA MEDO

Imaxe
Parte superior do Universo Emocional. As galaxias agrúpanse en parte de arriba como positivas e as da parte de abaixo como negativas, positivo e negativo hai que entendelo como concepto de polaridade u oposición, non como bon ou malo. IMAXINACIÓN EMOTIVA As emocións fortes non se poden comprender en profundidade ate que non se experimentan realmente. Si un experimentou un medo moi forte, sabe da dificultade para que outro poida entendelo a partir das explicacións verbais. Para entender as emocións hai que experimentalas. A "imaxinación emotiva" nos permite experimentar emocións soamente estimulando o pensamento. Non son emocións reais, senón simuladas, pero poden axudar a entender mellor o que nos pasa cando as experimentamos. QUE É O MEDO? O Medo é a emoción que se experimenta ante un perigo real e inminente, que se vive como arrolado e que pon en risco a saúde e a vida. O Medo é activado por ameazas a nosa seguridade física en primeiro lugar. Tamén pola ameaza a persoa...