GALAXIA MEDO

Parte superior do Universo Emocional.
As galaxias agrúpanse en parte de arriba como positivas e as da parte de abaixo como negativas, positivo e negativo hai que entendelo como concepto de polaridade u oposición, non como bon ou malo.
As galaxias agrúpanse en parte de arriba como positivas e as da parte de abaixo como negativas, positivo e negativo hai que entendelo como concepto de polaridade u oposición, non como bon ou malo.
IMAXINACIÓN EMOTIVA
As emocións fortes non se poden comprender en profundidade ate que non se experimentan realmente. Si un experimentou un medo moi forte, sabe da dificultade para que outro poida entendelo a partir das explicacións verbais. Para entender as emocións hai que experimentalas. A "imaxinación emotiva" nos permite experimentar emocións soamente estimulando o pensamento. Non son emocións reais, senón simuladas, pero poden axudar a entender mellor o que nos pasa cando as experimentamos.
QUE É O MEDO?
O Medo é a emoción que se experimenta ante un perigo real e inminente, que se vive como arrolado e que pon en risco a saúde e a vida. O Medo é activado por ameazas a nosa seguridade física en primeiro lugar. Tamén pola ameaza a persoas queridas ou a outras persoas por razón da empatia.
Verbalmente a expresión de Medo ten a forma «teño Medo de ...» ou «teño Medo a ...». O Medo a perder a vida e o Medo ao obxecto que o pode provocar (persoa, animal, terremoto, inundación, etc.) son fontes primarias do Medo.
O xeito acostumado para afrontar o Medo é a fuxida ou evitación da situación perigosa, sempre que sexa posible. Si isto non é posible, o Medo motiva o afrontar o perigo. Estamos ante o clásico fight or fly (loita ou voa) de Darwin, de tal xeito que a resposta funcional ten como obxectivo protexer á persoa, e si isto non é posible e non queda máis remedio que afrontalo, entón se pode pasar do Medo a Ira.
Ante a experiencia de Medo, o organismo funciona rapidamente, mobilizando unha gran cantidade de enerxía, de tal xeito que prepara o corpo para dar respostas máis intensas das que sería capaz de dar en condicións normais.
Si a reacción é excesiva, a eficacia diminúe, xa que a relación entre activación e rendemento ten a forma de "U" invertida. É dicir, a máis activación maior rendemento, pero só ate certo punto (nivel óptimo). A partir do "punto de máximo rendemento", a medida que aumenta a activación diminúe o rendemento. Unha vez sobre pasados certos límites de activación, máis aló do "nivel óptimo", pode producirse un bloqueo emocional e un entorpecemento da acción. Un ataque de pánico é un exemplo.

Prisma central.
Simboliza as conexións entre as polaridades emocionais. O triángulo que forma a linea continua, mostra a relación por afinidade entre elas, mentras que as lineas discontinuas verticais, mostran a súa oposición por polaridade. A forma dibuxa un espacio 3D virtual no que se configura todo o universo.
Simboliza as conexións entre as polaridades emocionais. O triángulo que forma a linea continua, mostra a relación por afinidade entre elas, mentras que as lineas discontinuas verticais, mostran a súa oposición por polaridade. A forma dibuxa un espacio 3D virtual no que se configura todo o universo.
FUNCIÓNS DO MEDO
Todas as emocións teñen como función axudarnos na adaptación ó contexto. Por elo, non hai emocións boas nin malas. Todas son boas. A clave está na súa xestión. A Función do Medo é aumentar as probabilidades de supervivencia. Gracias ó Medo, ante un perigo adoptamos a estratexia oportuna para sobrevivir, que normalmente é fuxir do perigo si é posible.
GALAXIA MEDO
As emocións agrúpanse en familias ou galaxias. Dentro da galaxia do Medo existen diversas gradacións como: temor, terror, horror, pánico, pavor, susto, espanto, etc.
Para expresar o Medo as veces usamos expresións como «morrer de Medo», «tremer de Medo», «Medo insuperable», «ciscarse de Medo», «Medo cerval», «facerse un nó na gorxa», «poñer os pelos de punta», «xealo sangue», «non telas todas», etc. Todas elas pretenden describir a resposta neurofisiolóxica da emoción que se experimenta ante o perigo.
Todas as emocións se poden esaxerar ate chegar a trastornos emocionais. No caso do Medo, os trastornos poden ser: Ansiedade, Estrés e Fobias, que se poden considerar como o "exceso da emoción" que derivou na patoloxía ou alteración emocional. A psicoterapia é en gran medida a atención a os trastornos emocionais.

Guiándonos pola astrofísica, definimos a emoción como un estado complexo do organismo caracterizado por unha excitación ou perturbación que predispón á acción. Un mesmo obxeto pode xerar emocións diferente en distintas persoas. A figura representa o modelo que integra os elementos esenciais da estructura dunha emoción.
ANSIEDADE
Podemos definir o Medo de diversas maneiras. De momento o definimos como: "a emoción ante un perigo real e inmininte". Pero tamén definiuse, como un perigo real ou imaxinario. No primeiro caso non se inclúe a Ansiedade, no segundo si. Polo tanto incluír a Ansiedade no Medo, depende como definamos o Medo, xa que a Ansiedade é un Medo imaxinario.
Se considera, que distingamos entre Ansiedade e Medo, polo que figuran en "galaxias" diferentes, pero tan pretas unha de outra que chegan a xuntarse e confundirse.
Moita xente non ten claro a diferencia entre ambas, pode ser debido a que na linguaxe coloquial se confunden facilmente. Que é o que distingue a ansiedade do medo?.
Si o Medo é a emoción ante un perigo real e inminente, a Ansiedade experiméntase ante un Medo imaxinario, posible, pero pouco probable. É máis a suposición dun perigo potencial produto da imaxinación, que un risco real.
Entre as causas relacionadas coa Ansiedade, están as dificultades económicas, sentirse inseguro no traballo, ser obxecto de accións legais, estar en proceso de divorcio, etc.
Na linguaxe coloquial fálase de ter «Medo escénico», «Medo a voar», «Medo ós exámenes», «Medo a non quedar ben», «Medo a ... moitas cousas». Pero en realidade non estamos ante un perigo real e inmininte, senón ante un perigo imaxinario. A nosa vida non corre perigo real e inmininte ao falar en público, ao presentarse a un exame, ao facer o ridículo, e incluso a voar. A probabilidade de ter un accidente nun avión, é moito menor que a de sufrilo indo nun coche. Nestes casos non se trata de Medo senón de Ansiedade.
As preocupacións imaxinarias están na xéneses da Ansiedade. A preocupación é, en certo senso, unha búsqueda do que pode ir mal e como evitalo. E isto é bo si se fai con equilibrio. O malo é a esaxeración. A Ansiedade é desproporcionadamente intensa respecto á "suposta perigosidade" do estimulo.
A función da Ansiedade é aportar solucións ós perigos da vida, anticipando os efectos negativos antes de que cheguen. O problema está nas preocupacións repetitivas que se converten en crónicas, sen chegar nunca a unha solución. Deste xeito, podemos converter a Ansiedade nun trastorno emocional ou nun risco da personalidade: «personalidade ansiosa».
Estimase que un 20% ou máis da poboación mundial sufre algún "trastorno de ansiedade", xeralmente sen sabelo. Entre os trastornos de ansiedade atópanse as fobias, trastorno compulsivo-obsesivo, ataque de pánico, trastorno por estrés pos-traumático, trastorno de ansiedade xeneralizada, ansiedade social, etc.
Definiuse a Ansiedade como un Medo sen obxecto. Aínda que isto as veces non se cumpre, por exemplo na ansiedade social a xente que está alí percíbese como un perigo ou ameaza.
O pensamento creou unha especie de radar virtual que levamos sempre entre orella e orella, para detectar calquera perigo a longa distancia no espazo e tempo. A nosa "cacholiña" ten tendencia a pensar: «e si ...?», «e si me abandona a parella», «e si non atopo traballo», «e si me quedo sen traballo», «e si me asaltan», «e si lle pasou algo a miña filla», «e si me poño enfermo», «e si ...?». O listado pode ser enorme. A cantidade de perigos imaxinarios non ten límite. En xeral son perigos posibles, pero pouco probables.
ESTRÉS
O Estrés é un estado emocional que se experimenta cando estamos ante retos e ameazas que consideramos que superan os nosos recursos. Ansiedade e Estrés teñen moitos elementos en común. Ambos teñen moito que ver coas preocupacións orixinadas pola vida diaria.
O Estrés moitas veces é unha resposta á falta de tempo, exceso de responsabilidade, incapacidade de dicir "non" e outras limitacións persoais. Na maioría das ocasións, as persoas que padecen "Estrés" ignoran o seu orixe, dificultando a súa posible solución.
FOBIA
Unha Fobia é un trastorno emocional que se caracteriza por un Medo intenso e desproporcionado ante obxectos ou situacións concretas. Estimase que entre o 9 e o 18% da poboación sofre algún tipo de Fobia.
Son exemplos de Fobias: acrofobia (medo as alturas), agorafobia (medo ós espazos abertos), algofobia (medo á dor), androfobia (medo ós homes), anteopofobia (medo á xente), autofobia (medo á soidade), aracnofobia (medo as arañas), batofobia (medo á profundidade), catagelofobia (medo ó ridículo), claustrofobia (medo ós espazos pechados), cinofobia (medo ós cans), demofobia (medo as multitudes), eritrifobia (medo á cor roxa), entomofobia (medo ós insectos), xinofobia (medo ás mulleres), hidrofobia (medo á auga), hodofobia (medo as viaxes), iofobia (medo ós velenos), misofobia (medo as inmundicias), nictofobia (medo a escuridade), patofobia (medo a enfermidade), tanatofobia (medo a morte), traumatofobia (medo ós accidentes), zoofobia (medo ós animhais), hipnofobia (medo ó soño), pedofobia (medo ós nin*s), hipopotomonstrosesquipedaliofobia (medo as palabras longas).
Tamén se acostuma a catalogar como Fobia o odio ou o rexeite de algo ou alguén, como por exemplo o odio ós estranxeiros (xenofobia), o rexeite ós homosexuais (homofobia), etc. Nestes casos non se trata de trastornos emocionais.
A fotofobia (aversión á luz) tampouco é un trastorno emocional, xa que consiste nun problema físico nos ollos respecto á luz que pode inflamalos ou dilatar a pupila.
Dentro da galaxia do Medo hai algunhas emocións que se aproximan á Tristura (ansiedade, estrés, etc.), mentres outras se aproximan á Ira (certas fobias). Isto danos unha idea de como as galaxias son amplos espazos, con "materia intergaláctica" que os pode xuntar, de tal xeito que non son compartimentos estancos senón vasos comunicantes.
ANSIEDADE, ESTRÉS E DEPRESIÓN
Ansiedade, Estrés e Depresión son trastornos emocionais moi frecuentes. Na entorna do 12-15% da poboación sofre algún destes trastornos. Si os adicionáramos chegaríamos ate o 40% da poboación mundial sufre en maior ou menor medida algún deles, o que é unha cifra destacable como para prestarlle a debida atención. Isto significa, dar a importancia que merece á prevención, para avanzar hacia ela.
Cando unha persoa ten algún trastorno emocional que supera as súas capacidades para afrontalo con éxito, precisa do apoio dun especialista (psicólogo, psiquiatra). Temos que recoñecer unha ausencia xeneralizada de previsión. Unha das vías efectivas de previsión, consiste no desenrolo de competencias emocionais, entre as cales está a «regulación emocional».
Desenrolar estas competencias dende a familia, na educación infantil, primaria, secundaria e ó longo de toda a vida, con práctica e entreno constante, é unha das estratexias máis efectiva para a prevención.
Moitas veces se fala de "Ansiedade, Estrés e Depresión" como un continuum de trastornos emocionais. Fixémonos, que a Ansiedade e o Estrés están na "Galaxia Ansiedade", e polo tanto no entorno do Medo. Mentres que a "Depresión" está na "Galaxia Tristura". Isto representa un continuum das galaxias nas cales hai algún punto de unión entre elas.
ALARMA
Na galaxia do medo está a «Alarma», que etimoloxicamente provén de "as armas!". É dicir, cando se presenta un perigo collemos as armas para defendernos. Pero de esta defensa, podemos pasar rapidamente ó ataque. E o ataque supón pasar do medo á ira. Por isto se sitúa a «alarma» nos confíns do Medo, casi tocando a Ira. Esta emoción, é un exemplo de como os fenómenos afectivos se estruturan como grandes océanos, onde as veces non é senxelo distinguir cando pasamos do Índico ó Pacífico.
NON TRABUCARSE
O descoñecemento dos fenómenos afectivos pode ocasionar certas confusións, que poden inducir a comportamentos de risco.
Hai nen*s e adolescentes, que consideran que un dos maiores insultos que pode recibir dun compañeiro é que lle chamen "covarde". Para evitar ser tildado de "covarde" están dispostos a facer o que sexa, incluíndo comportamentos de risco como vandalismo, violencia, consumo de drogas, condución temeraria, etc.
Isto provoca que para aparentar que son valentes, adoptan comportamentos que poden poñer en perigo a saúde e incluso a vida. Trabucan a valentia coa imprudencia ou a temeridade.
Os mozos que se expoñen innecesariamente ao perigo, moitas veces o fan porque para eles pesa máis a "ansiedade social" que o "medo real". É dicir, lles causa maior pavor non ser aceptados polos seus compañeiros, non quedar ben ante eles (ansiedade social), que o risco da acción que van a emprender.
A valentia é afrontar un perigo para salvar a propia vida ou a de outras persoas, que é cando realmente merece a pena. A valentia non é unha emoción, é un comportamento que se caracteriza por superar o Medo, principalmente en situacións difíciles ou extremas, o que non debe confundirse con non sentir Medo. Expoñerse innecesariamente ó perigo non é valentia, senón temeridade.
A «Ansiedade» convén afrontala. Ante a «Ansiedade Social» de ser rexeitado por non adoptar certos comportamentos de risco propostos polos compañeiros, deberíamos ser capaces de afrontala e ser asertivos dicindo "NON".
Pode xurdir a preocupación de: "e si non me aceptan por non facer isto que me propoñen?". A resposta é clara: "Que pasa si non me aceptan por isto?, Non pasa nada!.
A confusión entre Medo, Ansiedade, Covardía, Valentia, Imprudencia e Temeridade, as veces é causa de comportamentos de risco nos adolescentes de efectos imprevisibles. Para evitar istos riscos é moi importante a educación emocional e coñecer o universo das emocións.

Cometas: Emocións que teñen a capacidade para moverse dunha zona a outra. Relaciónanse con emocións de distinta índole, tanto positivas como negativas. En ocasións ten unha definición ambivalente. A súa forma central é ovalada, así como a liña de puntos que indica o seu percorrido.
REALIDADE E IMAXINACIÓN
A experiencia emocional non distingue entre realidade e fantasía. Por exemplo: imaxinemos que estamos nunha sa de cine para ver unha peli de Medo. Os espectadores saben cognitivamente que o que van a ver é unha gran mentira: nada é verdade no guión, todo é camuflaxe, cartón pedra, maquillaxe, irrealidade, exaxeración. Pero aínda tendo claro isto racionalmente, emocionalmente se experimenta Medo. Vivimos a situación como si estiveramos ante un problema real e inmininte. Isto é debido a que «a emoción é máis forte que a razón». O mesmo nos pode pasar si subimos a unha montaña rusa ou a calquera das atraccións dun parque temático. Sabemos cognitivamente que estamos seguros, pero a pesar delo, temos Medo como si o perigo fose real.
O curioso do caso, é a atracción que senten moitas persoas para vivir emocións fortes. E unha das emocións máis fortes que se poden experimentar é o Medo. O Medo nos sitúa ante a posibilidade de perder o que máis desexamos, que é a vida. O cal o converte realmente nunha emoción apaisoante.
Durante a "filoxénese", que é a evolución do ser humano ó longo de millóns de anos, os perigos continuos puxeron en risco as vidas das persoas ate chegar á obsesión. Depredadores, inimigos, catástrofes naturais (incendios, inundacións, terremotos, volcáns, furacáns, sequías, etc.) que xeraron Medos continuados polo risco de perder a propia vida e a dos seres queridos. Este Medo foise transmitindo de xeración en xeración ate os nosos días. Só nos últimos cincuenta anos, nos paises desenrolados superouse o Medo ancestral, no senso de que na realidade non estamos en perigo real e inmininte en todo momento.
Este cambio na "evolución filoxenética" provoca uns efectos que as veces nos costa comprender. Por unha parte se activa a Ansiedade e o Estrés, produto da imaxinación ante perigos posibles. É como si o noso organismo precisase manter a doses de Medo diario, que experimentou durante millóns de anos.
Cando non nos chega a dose cotián de Medo, algúns van a gozar dunha peli de Medo, nunha montaña rusa, fan puenting, bogie ou calqueraa dos deportes de risco. É unha curiosa forma de gozar de emocións fortes, que activan a secreción de adrenalina que precisamos para sentirnos vivos. Outros teñen suficiente coa Ansiedade e o Estrés da vida diaria. O importante en calquera caso, é experimentar emocións. As precisamos para sentirnos vivos, xa sexan reales ou imaxinadas.
MEDO VS. BENESTAR
O Medo está nas antipodas do benestar emocional. Cando experimentamos realmente Medo, non podemos ser felices. Cousa diferente cando o experimentamos de xeito simulado (cine, deportes de risco, montaña rusa). Moitas persoas no fondo desexan experimentar Medo, por exemplo, os nen*os xogan a provocar a outr*s (compañeiros, adultos) para gozar coa súa reacción que ten como obxectivo provocar Medo. Estas son claras manifestacións das potentes forzas que aniñan o campo gravitacional do Medo e das outras emocións negativas.
O desenrolo de competencias emocionais pode axudarnos a regular o Medo, a Ansiedade e o Estrés.
Convén ter presente, que as persoas precisamos experimentar emocións para sentirnos vivas. O problema preséntase cando procuramos experimentar emocións que nos producen malestar. O reto que se nos plantea é como podemos regular as nosas emocións para que as convertamos en fonte de benestar.
ECOESCANER EMOCIONAL
A Galaxia Medo está dominada pola primeira das emocións, é a máis forte de todas elas. É un mundo nubado, tenebroso, escuro. Pero, sobre todo, habitado por, a veces, seres imaxinarios, depredadores tigres, leóns, lobos, dinosauros, dragóns. É algo parecido ó paleolítico superior: os inimigos abundan por doquier. Te poden atacar en calquera momento, sen previo aviso, polas costas, de noite. O Medo é a emoción que domina a faz desta galaxia.
Un mundo dominado polo Medo é un mundo moi escuro, cheo de perigos.
No centro da Galaxia Medo hai un planeta co mesmo nome, onde aterrizarás na túa primeira parada nesta exploración.
O Medo é a emoción primaria clave, é a «emoción», a que nos salva do perigo; polo menos esta é a súa misión.
Nesta "Galaxia" orbitan unha ampla gama de corpos celestes, que integran a gran familia de afectos vinculados a esta emoción, cada un deles con distintos matices e intensidades: susto, espanto, temor, pánico, horror, pavor, ...
É curioso que a emoción do Medo acabe séndonos tan antipática, tan rexeitable, tan pouco popular, cando ela non ten a culpa de ser como é. Prestar atención ó Medo é intelixente, xa que é un aviso que nos permite anticiparnos ó perigo e protexernos, e eso é clave para sobrevivir. O Medo á escuridade, o Medo a caer, o Medo as alturas, o Medo á ansiedade, ..., Medos vinculados á pura supervivencia, son totalmente necesarios.
O problema preséntase cando a mente fabrica Medos novos, Medos sociais, Medos secundarios que acaban tomando o control da nosa existencia e o comen todo, o que nos deixa sen espazo para crecer e continuar expandindo a mente, o corazón, os vínculos, a vida enteira.
ECOESCANER GALAXIA MEDO
Para o éxito desta exploración, temos que ter en conta:
- O TERRITORIO: Viaxar por este territorio sen indicacións, nos pode resultar un tanto incerto, por descoñecer o que te podes atopar e carecer de recursos necesarios para unha correcta interpretación. É Territorio Dragón!.
- A ENERXÍA: Te expós a un bloqueo e coa enerxía paralizada, tamén podes recibir ondas de enerxía que te moverán á fuxida ou á defensa. A túa habilidade para xestionar esa enerxía e transformala en movemento ou en acción intelixente, é o máis importante.
- O CLIMA: Nubado, tenebroso, escuro, tal vez con borraxeira. Carencia de luz e de claridade.
- OS VÍNCULOS: É difícil vincularse positivamente con ninguén, pois domina a forza da supervivencia e, de cote, a lei do máis forte. Toca protexerse ou defenderse.
- O SENTIDO: Non se pode construír ningún tipo de sentido cando se vive sometido ó Medo.
OROGRAFÍA E ENCONTROS NO PLANETA MEDO
Cantas cousas perdemos por Medo a perder.
(Paulo Coelho)
(Paulo Coelho)
Obsérvase unha orografía variada no planeta. Unha ampla zona é ocupada polo «Territorio Dragón». Tamén ten un territorio valado e moi fortificado e protexido: «Protectorado». Por último, unha zona chea de camiños sen indicación de destino, a que chamamos «Encrucillada».

Emocións: As emocións que pertencen a unha galaxia divídense en catro niveis: Nivel 1— É a emoción principal cun halo que envolve e da nome a toda a galaxia; Nivel 2— As emocións cun halo maior acostuman a estar conectadas dun xeito directo con liña continua ó centro da galaxia, a emoción principal; Nivel 3— Acostuman a relacionarse coas do nivel 2, e están conectadas cunha liña de puntos; Nivel 4— Son as emocións máis pequenas e periféricas da galaxia. Poden estar conectadas cunha liña de puntos a outra, indicando afinidade. Tamén poden ir en solitario, indicando coa súa posición afinidade coas colindantes.
O tamaño do aura ou irradiación das emocións é totalmente arbitraria e corresponde cun criterio meramente estético.
O tamaño do aura ou irradiación das emocións é totalmente arbitraria e corresponde cun criterio meramente estético.
TERRITORIO DRAGÓN
Conta Von Oech que, fai séculos, cando a os cartógrafos se lles remataba o mundo coñecido, antes de rematar de cubrir o pergamiño, debuxaban un dragón na esquina da folla. Este "sinal" indicaba a os exploradores que o sobrepasaban, que entraban nun territorio descoñecido de risco impredecible. Algúns exploradores tomaron este símbolo de xeito literal e tiveron Medo a aventurarse en mundos ignotos. Outros foron máis audaces e viron no símbolo do Dragón, un sinal de novas oportunidades, o que lles permitiu facer importantes descubrimentos.
Cando entras na órbita do Planeta Medo o corazón dispárase veloz. O sangue chega a os músculos e os tensan, de xeito que están listos. Están "prestos" para o ataque ou a fuxida. Costa respirar. Lembra!, respira devagar e non deixes de facelo. O cerebro precisa oxíxeno para tomar as mellores decisións. Respira fondamente!.
O clima do planeta é desagradable.
O noso pensamento nos agasalla expresións que, precisamente non te axudan a avanzar: morto de medo, tremente de medo, medo insuperable, medo cerval, medo que che fai un nó na gorxa, medo que che pon os pelos de punta, medo que xea o sangue, ... Un clima que invita a todo menos a quedarse aquí.
O territorio está cuberto de escuridade; non se ve camiño algún. Pura incertidume.
Por onde poderás avanzar?; E si te perdes?.
O cerebro lanza pensamentos que xeran desconfianza e moven ondas de hormonas de Medo.
O Medo nos pon tensos, en alerta. O corazón late deprisa.
Esta parte do Planeta Medo, está custodiada polos «Dragóns Gardiáns».
«Detente!, non sigas avanzando!. Pode ser perigoso para ti.»
«Zona Prohibida»
Alto!. Atrás e volve por onde viñeches!.
Apuntar, que é o teu propio pensamento o que lanza esas mensaxes.
Atopámonos en zona incerta. De feito, a vida é, por definición, incertidume.
Non temos garantias nin seguridades, por máis que as precisemos.
O único seguro é que un día nacestes, e que outro día morrerás, porque «eres un ser finito».
A túa vida, a nosa, a de todos, é un don que ten caducidade, un brillo entre dúas escuridades. E podemos facer que esta "chispa de vida" sexa brillante e luminosa vivindo con valentia e confianza, ou ben permitir que se apague antes de que xeremos luz.
Si tal vez, a posibilidade de enfrontarse cos teus Dragóns che produza tanto Medo que optes por recollerte na túa zona coñecida, de comodidade, de rutina, a: «Protectorado». É a opción que sempre teremos a nosa disposición.
Todos somos cativos dos nosos Dragóns.
Cada Dragón ten un nome i é moi importante coñecelo.
Cando decidimos retroceder ante o reto que aparece na nosa vida, cando decidimos quedarnos na zona segura e coñecida, e o xustificamos dicindo que facer outra cousa sería "estúpido" e complicarse a vida, pondo en perigo o benestar que disfrutamos.
Cando temes que alguén te rexeite si te achegas, que alguén che decepcione si depositas expectativas nel e por elo xa non tentas aproximarte.
Pregúntate: «Que Dragón Medo está deténdome?. Como se chama o Dragón que me quere facer desistir?»
Os nomes destes Dragón Medo son variados: dragón-rexeite, dragón-ridículo, dragón-fracaso, dragón-perda, dragón-soidade, dragón-obstáculo, dragón-vergoña, dragón-desamor, dragón-prohibición, dragón-credencias, entre moitos outros.
Lembrando a Von Oech, non te tomes os Dragóns de xeito literal, é a túa mente a que crea estes Dragóns tan terribles que limitan a túa vida. Son a túa propia creación e podes facelos desaparecer igual que os creaches. Algúns son herdados e que non os sometiches a filtrado, protexidos pola educación recibida e a xustificación cerril dos adultos, que nos transmiten os seus propios Medos e prexuízos.
- Coidado!, esas persoas non son de fiar.
- Todos os ... son uns ...; desconfía!.
- Nunca servirás para nada.
- Ninguén che quererá.
- Todos os ... son uns ...; desconfía!.
- Nunca servirás para nada.
- Ninguén che quererá.
Cantos Dragóns herdados seguen alimentando a túa mente?. Cal é o prezo que pagas por elo?.
Lembra que cada Dragón sinala un territorio posible de exploración, de oportunidade de crecemento persoal. Para neutralizar a os Dragóns é preciso darlle nome e miralos ós ollos. Si o fas así, transformaralos en Dragóns amistosos e te permitirán pasar.
Cando lles das nome, reduces a súa actividade negativa; e cando os miras ós ollos, algúns desaparecen e outros mudan a cor, collen luz e pasan a ser "Dragóns-Medo a Dragóns-Oportunidade", abrindo un camiño de mellora, un «Buraco Verme», que pode sacarte do Planeta Medo e levarche ó Planeta Confianza.

En física, un buraco verme, tamén coñecido como ponte de Einstein-Rosen, é unha hipotética característica topolóxica dun espazo-tempo, descrita nas ecuacións da relatividade xeral, que consiste esencialmente nun atallo a través do espazo e o tempo. Un buraco verme ten polo menos dous extremos conectados a unha única gorxa, a través da cal podería desplazarse a materia. Sería como unha cuarta dimensión espacial que abreviaría as distancias e, deste xeito, a duración dos tempos de viaxe.
PROTECTORADO
- Uto ... que?.
- Utopía. Significa "non lugar".
Nos atopamos noutra zona do Planeta Medo.
O Protectorado é un territorio delimitado por todo tipo de valados, aramios de espiño e proteccións. Alí érguese un edificio con fortes muros e escasas aberturas. Arredor, observamos moitas medidas de seguridadee e control que evitan ós intrusos e persuaden a quen intente penetrar ó seu interior. Nos pode resultar coñecida esa paisaxe. Ate é posible que durante un tempo no teu pasado habitaras un lugar parecido, e che faga sentir a salvo, a resgardo, agradecido de dispor de todo o que precisas sen ter que sair de alí. Quizás alguén que coñeces permanece nesta cadea sen sabelo.
Cando chegamos á porta de entrada, somos recibidos uns seres agochados en armaduras.
- Ola! -saúdas-. Son un explorador emocional!, e vos, quenes sodes?.
- Somos os habitantes da Zona Segura. Entra rápido e ponte o casco e unha coiraza para protexerte.
- De que me teño que protexer?.
- Dos Dragóns Gardiáns!. Si nos atopan nos farán dano, por elo construímos esta fortificación pechada e protexida con aramios de espiño.
- E que gardan estes Dragóns Gardiáns?.
- Pois ... non temos nin idea, pero nos dan moito Medo. O territorio que hai fora é incerto.
- Pero si me quedo con vós, non vou a ver nada de este planeta.
- Tes razón -din a coro- pero estarás totalmente a salvo. A seguridade é o mellor de todo, permite que sobrevivamos.
- Pero ese é un xeito de vida moi triste, sempre pechados ..., faláchedes con eles algunha vez?.
- Pero que dis! -exclaman a coro as coirazas trementes-. Iso sería temerario, imprudente, inconveniente, perigoso, ... Non ves que aquí estamos totalmente a salvo?.
- Somos os habitantes da Zona Segura. Entra rápido e ponte o casco e unha coiraza para protexerte.
- De que me teño que protexer?.
- Dos Dragóns Gardiáns!. Si nos atopan nos farán dano, por elo construímos esta fortificación pechada e protexida con aramios de espiño.
- E que gardan estes Dragóns Gardiáns?.
- Pois ... non temos nin idea, pero nos dan moito Medo. O territorio que hai fora é incerto.
- Pero si me quedo con vós, non vou a ver nada de este planeta.
- Tes razón -din a coro- pero estarás totalmente a salvo. A seguridade é o mellor de todo, permite que sobrevivamos.
- Pero ese é un xeito de vida moi triste, sempre pechados ..., faláchedes con eles algunha vez?.
- Pero que dis! -exclaman a coro as coirazas trementes-. Iso sería temerario, imprudente, inconveniente, perigoso, ... Non ves que aquí estamos totalmente a salvo?.

Todas as bagoas conteñen sustancias orgánicas, entre elas, aceites, anticorpos e enzimas, suspensas en augas salgada. Os diferentes tipos de bagoas conteñen moléculas distintas. As bagoas emocionais conteñen hormonas formadas por aminoácidos, como o neurotransmisor leucina encefalina, que é un analxésico natural que se libera cando estamos estresados. As bagoas vistas baixo microscopio, cristalizan o sal e poden dar lugar a diferentes formas. A bagoa psíquica pode ter a mesma composición química, pero cristaliza de xeito particular.
Curiosamente, cando alguén vive en Protectorado ten a sensación de que o Medo está ausente. Se sente seguridade. As veces, incluso, din sentirse confiados.
Para o explorador emocional, é importante non confundir "seguridade" con "confianza". A "seguridade" depende do exterior, do que te chega, das condicións do medio, do que sucede. A "confianza", procede do teu interior, independentemente dos sucesos e circunstancias. De feito, pode haber unha relación inversamente proporcional: «A maior necesidade de seguridade, menor nivel de confianza nun mesmo».
Os aramios de espiño, os muros e as defensas do Protectorado, son froito da túa propia mente, da túa creación, do mesmo xeito que o son os «Dragóns-Gardiáns» que defenden a túa zona coñecida, de rutina, de comodidade. Ti a percibes como territorio seguro, pero o prezo que podes chegar a pagar por residir aí é moi caro.
- Que ten de bo a vida de estar pechados no Protectorado?.
- Ben, estamos xuntos, seguros, cómodos, sen perigo, sen medo, ... -Os acoirazados non acostuman a razoar-.
- E decídeme, que non podedes facer vivindo aquí?.
- Boeeeno! -di o portavoz-. Non podemos pasear tranquilamente, sair durante o día, sempre vemos as mesmas paredes, vivimos nunha pesada e aborrecida rutina, non nos relacionamos con ninguén máis, non podo gozar dun día libre, sempre restaurando os valados e o aramio de espiño, comezo a estar farto de ESTASSS! E ...
- Vale, vale! -O garda vense arriba, con folgos de continuar na súa crítica-. Dame a impresión de que vivides cativos dos vosos medos. Si confiarades máis en vós mesmos, alimentariades a vosa autoestima, o que vos animaría a sair fora e acompañarme na exploración. Coñeceríades novas paisaxes, outras persoas, vivir aventuras, ..., VIVIR!.
ENCRUCILLADA
En cada encrucillada que leva ao futuro, a tradición situou a dez mil homes para custodiar o pasado.
Maurice Maeterlinck
Maurice Maeterlinck
Continuando coa exploración, de repente nos atopamos nun nó de camiños. Encrucillada.
Cantas veces estivemos aquí!?.
Momentos difíciles nos que se planteaban diversas opcións, propostas, posibilidades.
Momentos nos que tiveches que tomar unha difícil decisión. Difícil, porque non tiñas claro que camiño era o mellor para ti.
Máis de un nos atraeu: este pola súa luz, este outro porque intuías que si o seguías encontrarías marabillosas paisaxes, aquel porque as persoas que te acompañaban dicían que era o que mellor te conviña e, por que non?, aquel, aparentemente máis discreto, que tal vez escondía algún tesouro.
Se desprega ante nós todo un abano de posibilidades para proseguir coa exploración.
Curiosamente, no lugar de sentirte feliz, tal vez se che faga un nó no estómago, sentes ansia, inquedanza, incertidume ... incluso Medo.
Medo a que?. E aquí aparece un dos grandes Medos que nos bloquea, que nos detén, que nos volve ó redil do Protectorado. É o Medo a trabucarse.
Aquí comeza o pensamento a cascada de valoracións: «E si ...? E si me perdo?, e si é un mal camiño?, e si sufro?, e si é un camiño sen saída?».
Non dispoñemos dun mapa que nos poda informar coa suficiente confianza como para tomar unha decisión con seguridade. Na vida pasa á miúdo. Tal vez alguén xa fixera un camiño parecido, pero ningún camiño de outros é igual ó que ti atopas na Encrucillada, posto que ese nodo de posibilidades é exclusivo de cada ún. As túas opcións son as que son:
• Podes voltar ao Protectorado e deixar de explorar. Para que complicarse a vida?.
• Podes pararte e bloquearte analizando unha e outra vez por onde continuar, sen dar ningún paso nin avanzar.
• Podes preguntar a quen pase por alí, cal camiño é o mellor, poder deixarte aconsellar, pero ninguén poderá decidir por ti.
• Elixir o teu camiño. É a túa responsabilidade.
Ante a experiencia do Medo, o organismo reacciona rapidamente mobilizando unha gran cantidade de enerxía, de tal xeito que prepara o corpo para dar respostas máis intensas das que sería capaz de dar en condicións normais. O Medo pode aportar un "plus de enerxía" que che facilita a fuxida ou a loita ante o que percibes como fonte potencial de perigo.
Tamén pode bloquearte totalmente e paralizarte, o cal poder ser perigoso, posto que deixas de avanzar e quizá sexas presa do pánico.
O xeito máis acostumado para afrontar o Medo é a fuxida ou evitación da situación perigosa, sempre que sexa posible; estamos ante o clásico fight or fly (loita ou voa) de Darwin. En definitiva, a resposta funcional ten como obxectivo protexer á persoa.
Si eso non é posible ou o consideras pouco intelixente, o Medo é unha motivación para afrontar o perigo. Na nosa sociedade acostumamos a trabucar unhas verbas por outras, deixar meridianamente claro que o Medo non é covardía e que a valentia non é ausencia de Medo. As veces dicimos valentia cando é atrevemento, imprudencia ou temeridade. Non telo claro pode inducir a comportamentos de risco.
DICIONARIO EMOCIONAL
COVARDÍA: Non confundir con prudencia. A persoa covarde deixa de ser ela mesma. O Medo toma o control da súa vida co seu permiso. Por non ter que soltar algo, desprenderse, ou pagar os prezos derivados da súa decisión, dimite da súa responsabilidade. Non sabe que, cando deixa de facer o que debe facer, tamén está pagando un prezo, as veces, moito máis alto que o que se pretende aforrar. Lembrar que a nosa pasividade deriva nun impacto en nós mesmos, nos demais e no mundo, e que causa danos importantes.
ATREVEMENTO: Afrontar as situacións con soltura e decisión por difíciles que sexan. Audacia, entrega, intrepidez. Si o atrevemento vai acompañado da activación dunha serie de capacidades e habilidades adecuadas para o que se vai a decidir facer, pode levar ó éxito na procura dos teus obxectivos persoais. É dar un paso adiante, cando os indicios externos indican que o máis prudente sería quedarse na zona coñecida. Non obstante, algo no teu interior te induce a asumir o risco.
VALENTÍA: Non é o mesmo que imprudencia ou temeridade. Valentia é afrontar un perigo para salvar a propia vida ou a de outras persoas, é superar o Medo en situacións extremas, facendo o que é preciso facer a pesar do Medo que se sente. É a opción emocionalmente máis ecolóxica, o camiño desexable, o difícil, o necesario. É un valor profundamente enraizado coa confianza, outra planeta que hai que visitar, xa que forma parte da nosa misión. Tamén pode ser valente afastarse de algo que detectamos como perxudicial. Facelo, indica a confianza que temos no noso propio criterio.
IMPRUDENCIA: Conduta que supón asumir certos riscos que poden provocarte dano, tanto a ti mesmo como a outras persoas. Neste caso o grao de risco non depende tanto da dimensión do reto como da túa propia capacidade para dar a resposta máis adecuada e, tamén, de valorar o impacto que van ter os propios actos. As veces trátase da carencia reflexiva ou a precipitación na toma de decisións.
TEMERIDADE: É como si o noso organismo precisase manter a dose de Medo diario experimentado durante millóns de anos. Cando non chega a dose acostumada de Medo, hai quen disfruta cunha peli de Medo, nunha montaña rusa, facendo puenting, ou calqueraa outra actividade de risco. É un curioso xeito de gozar de emocións fortes que activan a secreción de adrenalina que algunhas persoas creen precisar para sentirse vivas. Outras xa teñen suficiente coa ansiedade e o estrés da vida cotián. Tamén hai persoas que se converten en adictas das emocións fortes, até o punto de por en perigo a súa vida por obviar as mensaxes do Medo. Convértense en temerarias. Todas as emocións se poden amplificar ate chegar a converterse en trastornos emocionais. No caso do Medo, os trastornos poden ser Ansiedade, Estrés e Fobias ou Temeridade.
AMPLIANDO O MAPA DO PLANETA MEDO
O Amor escorrenta o Medo e, reciprocamente o Medo escorrenta o Amor. E non só o Amor, o Medo afuxenta tamén á intelixencia, a bondade, todo pensamento de beleza e de verdade, e só queda a desesperación enmudecida; e ó final, o Medo chega a afastar do home a humanidade mesma.
Aldous Huxley
Aldous Huxley
A misión do Medo é aumentar a probabilidade de supervivencia.
Con Medo é difícil vincularnos cos demais. Fabricamos tantas defensas que as proteccións rematan por illarnos.
Un mesmo acontecemento pode ser valorado de xeito diferente según as persoas. A emoción non depende do acontecemento en si, como da forma que temos de valoralo. Epicuro dixo no Enchiridiom: "O home non está perturbado polas cousas, senón pola visión que ten das cousas". Shakespeare tratou o mesmo tema no Hamlet, acto II, escea 2: "Non hai nada bon ou malo; o pensamento é quen o fai así".
Aspectos a ter en conta:
- Aplicar o principio de realidade: aceptar que é normal ter medos.
- Darse permiso para sentir. Hai que permitirse ter Medo, recoñecelo. As emocións non se poden comprender en profundidade ata que se experimentan de verdade.
- Abrir o saco dos Medos e darlles nome: Medo a perder, a facer o ridículo, ao fracaso, a ser rexeitado, a non gustar, á dor, ....
- Traducir a información: "de que perigo nos informa?"; "que vemos ou vivimos co perigo?"; "que parte nosa percibimos que periga?".
- Incorporar a información no noso mapa mental e soltar a emoción.
- Pasar á acción: asumimos o risco de visitar Territorio Dragón conectados á confianza.
- Traballar para fortalecer a nosa confianza. Cando a confianza avanza, o Medo retrocede.

Parte inferior do Universo Emocional.
Aínda que a configuración do «Universo de Emocións» está basado en coñecementos e teorias centíficas, a súa disposición se establece en base a diferentes tipos de interpretacións, dado a intanxibilidade das emocións.
Aínda que a configuración do «Universo de Emocións» está basado en coñecementos e teorias centíficas, a súa disposición se establece en base a diferentes tipos de interpretacións, dado a intanxibilidade das emocións.
Fontes:
- "Universo de Emocións", prologado por Eduard Punset, de Rafel Bisquerra e edición de PalauGea, 2015.
- "A Forza da Gravitación Emocional: Unha Viaxe Extraordinaria ao Universo das Emocións", de Mercé Conangla, Rafel Bisquerra e Jaume Soler. Edicións B, 2016.
- O MUSEO, novela gráfica de Xurxo Carrión e Sagar; Edita Norma Editorial; 2023.










