COViD-19: PANDICULARSE DA PANDEMÓNIUM

A verba "pandicular” quere dicir «espreguizar ou desperezar», e estaba situada preto da verba "pandemónium" ó consultar o dicionario.
O "pandemónium" é o «lugar onde hai moito ruído e confusión», e tamén é «a capital imaxinaria do reino infernal», que foi no que converteron ao Planeta, a "industria farmacéutica capitalista" durante a pandemia.
Actualmente o principal problema da humanidade é o cambio climático e a crises ecolóxica. No polo oposto se sitúan os discursos da corrente chamada «conspiranoica», que considera que a chamada "pandemia" é o asunto máis transcendente que temos entre mans e que obedece a un plan das elites, para establecer un réxime mundial autoritario: Novo Orde Mundial (NOW).
A corrente «conspiranoica», está asociada a grupos de ultradereita, movementos relixiosos ou espiritualidades «New Age», que transmiten que o cambio climático, como a Covid, son escusas para estender e xeneralizar o "medo", que permita "someter" a poboación. Con discursos que negan os límites do crecemento e a escaseza de recursos, facilitando que o discurso oficial, se contamine destes tinxes «conspiranoicos».
As voces críticas a este discurso oficial, ligadas ó entorno científico, fan unha dura crítica a este discurso, acusando gravemente de falsear e estender o medo na poboación e que deberían ser obxecto dun serio debate.
Reunión do Consello Superior de Seguridade Nacional Español. O 30 de outubro do 2020 o Consello de Seguridade Nacional Español, aprobou o «Procedemento de Actuación Contra a Desenformación».
NON HAI TRATAMENTO
O discurso oficial insistiu, en que non se descubrira ningún tratamento eficaz contra a Covid, e que a única solución é a "vacinación".
Un tratamento temprano eficaz, para *s padecentes que se atopan na fase vírica, e non están tan graves como para acudir o hospital.
A OMS (Organización Mundial da Saúde) e as autoridades sanitarias dos países occidentais, non recomendan ningún medicamento nesta etapa, excepto o “paracetamol” para tratar os sintomas.
Na primavera do 2020, algúns doutores comezaron a utilizar protocolos de tratamento temprano, baseados en medicamentos ben coñecidos, aprobados para outras patoloxías dende fai décadas, como por exemplo a “hidroxicloroquina”, a “ivermectina” e algunhas vitaminas e minerais, reportando reducións nas taxas de hospitalización e morte de ate o 85%.
A OMS, a EMA e a FDA non os autorizaron para o tratamento da Covid, argumentando que non existen suficientes evidencias científicas para recomendalos, a pesar de que a súa seguridade é ben coñecida.
Isto supón na práctica, restrinxir o seu uso, salvo en ensaios clínicos ou prescricións «off-label», que en países como o noso, ten restricións importantes para o seu uso.
A pesar delo, se fixeron decenas de ensaios clínicos, a maior parte deles favorables a súa eficacia, e en países como a India, algúns estados do Perú ou México, os aplicaron a gran escala exitosamente. Miles de doutores, científicos e foros internacionais como o International Ivermectin Day ou a Internacional Covid Summit, avalaron este tratamento temprano da Covid, caracterizado especialmente polo seu escasisimo beneficio comercial, por ser medicamentos non suxeitos a patente, e que os científicos que o avalan, arriscan as súas carreiras profesionais. Alzáronse voces críticas acusando a OMS, a EMA, a FDA e a algúns medios de comunicación, de boicotear activamente este tratamento temprano, criticando a súa sencillez, e que deixaría sen efecto as autorizacións provisionais das vacinas, de ser recoñecido este tratamento temprano oficialmente. Ademais, de que estes medicamentos sen patentes, non son interesantes como negocio para as farmacéuticas.
De confirmarse estas acusacións, nos atoparíamos cunha enorme prevaricación das institucións médicas nacionais e internacionais. Isto non sería sorprendente para quenes coñezan, ate que punto os intereses do capital, se antepoñen a vida das persoas. O único sorprendente neste caso, sería a magnitude e alcance global de esta "corrupción".
OS MEDIOS DE INCOMUNICACIÓN DE MASAS
A controversia sobre algo tan relevante como a cura da Covid cun tratamento temprano, tivo escasisimo espazo nos medios de comunicación e os debates políticos (sobre todo en España, noutros países como Reino Unido, México ou EUA, o debate foi maior). Isto pon en evidencia un fenómeno que se fixo decote durante a pandemia: a denomización do debate e o aliñamento case perfecto dos medios de comunicación coas posturas oficiais.
En todo isto xogaron un importante papel a Trusted News Initiative (TNI) e as verificadoras de feitos ou «fact checkers» como Newtral ou Maldita, quenes gañaron gran credibilidade no inicio da pandemia en medio dunha enorme avalancha de noticias falsas que as fixo posicionarse como marco de referencia da información veraz. Co tempo, poñen de manifesto, que desmenten sistematicamente toda información que se alonxa das versións oficiais sobre a Covid (aínda que estas informacións, veñan de fontes científicas sólidas) e neutralizan os debates, ofrecendo versións monolíticas.
Resulta preocupante o descoñecemento sobre a titularidade de quen está financiando, estas empresas que se autonomean "xuíces", de algo tan importante para a democracia, como a "información". Onde queda a democracia, si non sabemos, nin quén controla a información que nos chega?.
O debate sobre os tratamentos da Covid e as vacinas foron relegados a foros de internet e redes sociais baixo unha notable censura. Istos contidos dun mundo marxinal asociados a conspiranoia, mistura contidos de fontes moi solventes con fantasías e mensaxes sensacionalistas creando confusión e cuestionando o interese por este afondamento das cuestións.
Para non caer nas mans manipuladoras de actores interesados e evitar a desenformación, que proliferan con ánimo de branqueo informativo, temos que facer un esforzo individual en revisar os datos e acudir as fontes directas dos estudos científicos.
Robert Malone, virólogo, inmunólogo e co-inventor da tecnoloxía de ARN mensaxeiro. Foi criticado por: cuestionar a seguridade das vacinas usadas contra a Covid-19, promocionar a solución ivermectina, comparar a vacinación obrigatoria con prácticas de mutilación (castración, mutilación xenital feminina, …), que as vacinas poderían empeorar as infeccións por Covid-19, dos incalculables riscos e efectos secundarios das vacinas baseadas en ARNm.
DEMONIZACIÓN DO DEBATE
A pandemia normalizou a preocupante tendencia do aumento dos aspectos da realidade social que asumen innecesario o debate político por ser «cuestión de Ciencia» ou «experto para opinar».
Normalizouse o argumento de que «a desenformación pode facer que a xente non se vacine e se poña en perigo a vida de miles de persoas». Isto leva implícito unha asunción gratuíta e o inaceptable chantaxe de dar por sentado as posicións oficiais, as que se presentan como verdade previo ó debate, representando o consenso científico e a presunción de saber cal é a mellor maneira para evitar que a xente non morra.
Pero... e si as vacinas non protexen dos contaxios e a urxencia por vacinar é absurda?, e si fora verdade que existen medicamentos que poderían salvar moitos máis millóns de vidas que as vacinas?. E si o que mata non é a dúbida senón a censura da ciencia non ligada a intereses comerciais?. Como poderemos saber cal é a mellor forma de facer «que a xente non morra» si o debate é considerado perigoso e debemos aceptar a primeira idea que nos presentan os «expertos oficiais» sen o máis mínimo control democrático?.
O 30 de outubro do 2020 o Consello de Seguridade Nacional Español, aprobou o «Procedemento de Actuación Contra a Desenformación» que propón varios órganos e autoridades como actores para loitar contra este fenómeno, pero non especifica con que métodos se distinguirá a información falsa da verdadeira.
O «Procedemento» cita, por exemplo, que o mundo académico xoga un papel esencial a hora de non contribuír a difusión da desenformación, pero non lle da voz algunha a hora de xulgar si algo é verdadeiro ou falso. Se da por feito que o poder executivo xa sabe cal é a información falsa e enganosa sen necesidade de que a academia o estude mediante os procedementos que esta acostuma a usar para alcanzar consensos científicos, como o sistema de revisión por pares ou o debate público en conferencias e congrisos. Isto quere dicir que estamos comezando a substituír o debate científico por nocións de verdade revelada, máis propias da época de Fernando o Católico, que de sociedades que se din laicas e democráticas?.
Coa a escusa da urxencia da pandemia, estamos avanzando hacia unha sociedade carente de debate, chea de medos, prexuízos e comportamentos inquisitoriais, onde a ciencia disidente é silenciada e as redes de comunicación están manipuladas. Todo elo é moi mal camiño para enfrontarnos ós inmensos retos políticos que nos van a traer a transición enerxética e o colapso eco-social, sobre todo si os queremos transitar con un mínimo control democrático.
Plandemic é o título do vídeo que denuncia un suposto complot secreto mundial por parte de elites internacionais, que propagaron o virus da Covid-19 sin piedade, para o seu beneficio económico e de control do Mundo.
PASAPORTE PARA FRENAR OS CONTAXIOS?
As vacinas propostas durante estes meses como única solución colectiva a pandemia, basease na premisa de ser capaces de reducir significativamente a transmisión do virus. Si esta premisa non se cumpre, a vacinación queda como unha opción individual sen repercusións sociais. Os chamamentos á responsabilidade, a urxencia por conseguir inmunidade de grupo e a imposición de pases Covid para acceder a espazos públicos son completamente absurdos.
Nas últimas semanas (primavera 2022) fixéronse públicos varios datos que confirman que as vacinas contra a Covid non ofrecen, nestes momentos, practicamente ningunha protección fronte ó contaxio. De entre elas podemos destacar os seguintes:
- No Reino Unido fíxose oficial que, fronte á «variante delta» (maioritaria nestes momentos en todo o mundo), non se está observando diferencia algunha na transmisión do virus entre persoas vacinadas e non vacinadas.
- Nun estudio feito no Vietnam, chega a conclusión de que as persoas vacinadas poden contaxiar máis que as non vacinadas por soportar maior carga viral.
- Noutro estudio, a comparación entre a rateo de vacinación en diferentes países e os casos de Covid, non encontran ningunha correlación.
- Outro estudio, documentou a transmisión entre persoas completamente vacinadas.
- Singapur, con un 78% da poboación completamente vacinada, sufriu un violento brote que duplica ó de marzo de 2020.
- Os datos do último «Informe sobre Vixilancia das Vacinas da Axencia de Seguridade Sanitaria do Reino Unido», mostra que a rateo de contaxios entre as persoas con pauta de vacinación completa é, nestes momentos (primavera 2022), o dobre que entre as non vacinadas.
- Ate os estudios financiados polas propias empresas, recoñecen que a protección da vacina fronte a contaxios pérdese en poucos meses.
Por que seguen adiante, todas as medidas encamiñadas a persuadir e incluso forzar a cidadanía a vacinarse, cando tantos estudios e datos confirman que a vacinación, non evita o máis mínimo o contaxio e, por elo, só protexe a quen se vacina?. Da a impresión de que os gobernos están actuando automaticamente según un plan fixado fai meses, que ninguén se toma a molestia en corrixilo, nin contrastar con datos científicos.
Vacinación masiva na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
VACINAS SEGURAS?
Unha vacina, ademais de ser eficaz, debería ofrecer unhas garantías de seguridade maiores que as esixidas a un medicamento, xa que, ó ser administrada a persoas sans, pode poñer en perigo a vida de persoas que quizá nunca chegarían a estar expostas á enfermidade.
Hai xa, unha cantidade nada desprezable de médicos e científicos que afirman que as actuais vacinas contra a Covid, están tendo unha cantidade de efectos secundarios que non son normais, nin asumibles.
A Dra. Lawrie declarouno en xuño de 2021, como o Dr. McCullough e o premio Nobel Luc Montaigner expresaron publicamente as súas dúbidas. Tamén o senador Johnson en EUA, mostrou publicamente que a traxedia das vítimas da vacinación é enorme e está sendo silenciada.
A nivel de España, máis de cen médicos e profesionais da saúde, remitiron recentemente unha carta á Ministra de Sanidade, rexeitando a vacinación en nen*s.
A maior parte dos datos de efectos adversos, se basean nos sistemas de seguimento como o VAERS (Vacine Adverse Event Reporting System), a Eudra Vigilance ou a Yellow Card, que son voluntarios e acostuman a ser subestimados.
En Eudra Vigilance, non é senxelo extraer directamente datos do número de mortes atribuídas ás vacinas, pero algunhas fontes, afirman que hai 26.000 mortes e máis de dous millóns de afectados adversos graves.
Na web de OpenVAERS, que se basea nos datos do sistema VAERS, da a cifra de 15.937 mortes, causadas posiblemente por estas vacinas nos EUA.
Aínda que o número de mortes atribuídas á propia Covid nos EUA, alcanza as 700.000 persoas, as cifras anteriores, seguen sendo un prezo moi alto a pagar por unha vacina.
O feito de que estas vacinas causen efectos adversos nun certo número de casos tan graves e frecuentes, plantea un problema ético de gran calado, que non está suscitando o debate social, nin político, que debería ter.
Nestes momentos (primavera 2022), a vacina é obrigatoria en Indonesia, en Italia é necesaria para poder traballar, e en Francia, Israel, Lituania, Ontario (Canadá) e Nova Gales do Sur (Australia) é obrigatoria para ter un mínimo de vida social.
Estase a persuadir a xoves e nen*s, que apenas se benefician dela, de que "asuman o risco de vacinarse", a pesar de "por en perigo a súa saúde de por vida", e obrigando ao persoal sanitario, a escoller entre a vacinación ou perder o seu posto de traballo.
Fai uns anos, a lexislación europea prohibiu fumar en bares e ristorantes, e un dos argumentos xustificativos foi que o fume do tabaco obrigaba ós traballadores a escoller entre perder o seu emprego ou ser expostos a unha sustancia que podía ser nocente para a súa saúde, por que agora non se aplican criterios similares?.
VACINAS MOÁI E SOLUCIÓNS IVERMECTINA
Cando unha sociedade está ó borde do colapso, o peor que pode facer é inverter os escasos recursos, nos chamados «construír Moáis»: falsas e custosas solucións que só serven para salvagardar o poder das elites e esgotar aínda máis aceleradamente os recursos.
O capitalismo leva décadas destruíndo a base ecolóxica e social que sostén a súa propia existencia, o que nos coloca ó bordo do colapso. A súa obsesión polo crecemento perpetuo, fai que se consideren as chamadas solucións Moáis de sempre: reactivar o consumo e salvagardar as ganancias do capital. Precisamente as políticas que aceleran o crecemento e esgotan, aínda máis si cabe, os recursos.
As vacinas para solucionar a crises da Covid, teñen todas esas características das solucións Moái -tecnoloxías caras, complexas e polo tanto patentables-, que transfiren miles de millóns de dólares de diñeiro público as contas das empresas farmacéuticas e requiren un agotador esforzo de actualización.
O rosario de campañas de vacinación que nos ofrece a industria farmacéutica, é a peor distopía que se poda imaxinar para un sistema de saúde público. Facer que a medicina se base en vender periodicamente algo a millóns de persoas sans proporciona beneficios moi interesantes as farmacéuticas, pero non é a meior estratexia para unha sociedade que se enfronta a unha crises xeralizada de recursos. Si queremos evitar o colapso dos sistemas de saúde ante a dupla ameaza da crises da Covid e a crises de recursos, o primeiro que deberían facer as nosas autoridades sanitarias é buscar todas as solucións que poidan ofrecer os medicamentos xa coñecidos e os hábitos de vida saudábeis que reforzan o sistema inmunitario e, só despois de que estas solucións sinxelas se aplicaran, buscar tratamentos complexos.
As empresas están interesadas en facernos crer que, só as solucións que as benefician, son capaces de solucionar os problemas ós que nos enfrontamos, pero iso non acostuma a ser verdade.
O movemento ecoloxista sabe ben, que existen tecnoloxías relativamente senxelas, que serían capaces de dar solución ós grandes problemas da humanidade, usando moi poucos recursos.
Tamén sabemos que, si todas estas cousas non se están usando a gran escala, non é porque sean ineficaces, senón porque "as dinámicas de acumulación do capital, non permiten que se poñan en marcha".
A "ivermectina" e, en xeral, "o tratamento preventivo da Covid", son o equivalente a estas tecnoloxías que o ecoloxismo reivindica: unha solución respaldada pola ciencia, pero relativamente senxela e adaptada a un mundo de recursos minguantes. Unha tecnoloxía que, como a agroecoloxía ou as bicicletas, é deostada e depreciada, por quenes queren facernos mercar solucións moito máis patentables.
A Matrix é un ámbeto de relación entre cousas e sucesos, creado e controlado artificialmente. Unha importante característica da Matrix é que nela incluso as persoas son consideradas "cousas".
A película plantexa que no futuro, tras unha dura guerra, case todos os seres humanos foron esclavizados polas máquinas e as intelixencias artificiais creadas. Estas os teñen en "suspensión" e coas suas mentes conectadas a unha realidade virtual chamada "Matrix" que representa o final do século XX.
Os seres humanos son usados polas máquinas, para obter enerxía, e os poucos que non están "suspendidos", ou que foron liberados, viven na cidade Zión, e teñen naves que se moven polo sochán, entrando de xeito clandestino á Matrix para liberar a os que están "conectados" ou en "suspensión".
O NEGACIONISMO CONSPIRANOICO
O feito de que o discurso oficial teña cada día máis fendas, está prestixiando a quenes dende un principio denunciaran que todo forma parte dunha operación de enxeñería social, a chamada «plandemia». Gran parte deles están ligados a ideoloxías de ultradereita (aínda que non todos) e acostuman a argumentar que o obxectivo é impoñer unha ditadura “globalista”, baseada en Obxectivos do Desenrolo Sostible (ODS), de xusticia social e medioambiental.
Este discurso, acostuma a derivar no que podemos chamar un «negacionismo extenso», por aplicar a estratexia de negación, a todos os grandes problemas (cambio climático, escaseza de enerxía, alimentos, etc.), e pode converterse nun discurso populista doado, dicíndolle á cidadanía, o que esta quere escoitar: “Os problemas non existen, son só un invento das elites, que queren escravizarte co medo”.
Nos próximos anos, imos comezar a experimentar unha escaseza de enerxía e materias primas, que todavía, non foron asumidas pola cidadanía.
Prevese, que a resposta das elites ante esta pouquidade de recursos, se base en medidas autoritarias, que permitan manter o crecemento de cada vez menos persoas, a conta do despoxo da gran maioría. Tamén se prevé, que estas políticas elitistas, se disfracen de «verde» e non falen directamente de escaseza, senón de que «debemos coidar o planeta» e «realizar unha transición renovable», o cal é certo, pero só é a "media verdade" e persegue un fin alienante e clasista, facendo sentir ao pobo "inimigo da natureza".
Aínda que os discursos conspiranoicos, estean manipulados pola extrema dereita e se agochen con argumentos simplistas, non podemos deixar de recoñecer que dan no cravo nalgunhas cuestións. Non fai falta recorrer a conspiracións estranas, para saber que o poder económico foise concentrando dun xeito falcatruante durante as últimas décadas ao calor das políticas neoliberais, e non é moi desacertado dicir, que nos gobernan as elites que controlan o sistema bancario e os fondos de inversión. Non é descabelado pensar, que o 1% dos cidadáns, que posúen a metade da riqueza mundial, é capaz de controlar case toda a información que circula polas redes.
Calquera pode darse conta de que, algunhas das medidas de control que se foron implementando, van máis aló do necesario para coidar a saúde da poboación. E tampouco fai falta ser un lince, para decatarse de que as "compañías farmacéuticas" nos meteron unhas cantas trolas, para facernos crer que, "os seus produtos son a única e imprescindible solución".
Algocracia ou Goberno por Algoritmo, tamén coñecido como: regulación algorítmica, regulación por algoritmos, goberno algorítmico, goberno algocrático, orden legal algorítmico ou algocracia. É unha forma alternativa de goberno u orde social na que o uso de algoritmos informáticos, especialmente de intelixencia artificial e blockchain, aplícase as regulacións, a aplicación da lei e, en xeral, a calquera aspecto da vida cotidiana como, o transporte ou o rexistro da propiedade.
LIDAR O PANDEMÓNIUM
O ecoloxismo ten todas as papeletas, para converterse nun «chivo expiatorio», de todas aquelas persoas, que abracen este discurso negacionista extenso, e vexan no cambio climático, un intento das elites de "fomentar o medo" e crear unha ditadura «eco-socialista», no lugar de buscar solucións consensuadas na sociedade, dos problemas reais de falta de recursos e deterioro ecolóxico. Por iso a actitude do movemento ecoloxista e colapsista, fronte a este «negacionismo extenso», é especialmente delicado e importante nestes momentos. O ecoloxismo debe deixar moi claro que, aínda que reivindique a gravidade da muda climática e a crises enerxética, non apoia as eventuais "medidas autoritarias" que se poidan impor, para intentar risolver estes problemas, a base de desigualdade, inxustiza e control social.
O mundo estase volvendo moi complexo, como non podería ser menos, ante o choque contra os límites. Non podemos quedarnos con posicionamentos simplistas que dividan o mundo en tribos de comunistas contra fascistas, e nos forcen a asumir cousas inaceptables, por aquelo de que «o inimigo do meu inimigo é o meu amigo».
O mundo ecoloxista, non pode permanecer alleo a todas as "preocupantes tendencias" que se están incubando, tanto ao redor do discurso oficial, como nos complexos movementos conspiranoicos. Debemos atrevernos a entrar en todos estes temas e utilizar o debate aberto, baseado en datos científicos e libre de prexuízos, afastando as realidades das fantasías, e contrarrestar todas estas preocupantes tendencias que se están perfilando, e que non axudan nadiña, a superar a inevitable transición ecolóxica que temos que lidar.
Fai click na imaxen para acceder á revista.
Fonte:
«Dinámicas incubadas nun ano de Pandemia que deberían preocupar ó Movemento Ecoloxista» de Marga Mediavilla, publicado o 14/02/2021 na “15/15\15: Revista para unha Nova Civilización”, nº -8 1/2 de Marzo do 2022 (Impreso en papel e cartulina con certificados PEFC e FSC, non reciclados -para reducir a presenza de disruptores endocrinos-. Encuadernado artesanalmente con fio de liño, para minimizar o consumo de enerxía e de materiais sintéticos).
- WIKIPEDIA.

OS MÁIS LEIDOS

SANGUE DE LADRA

FESTAS PATRONAIS 1945 E A FORTALEZA DO TAPAL

O SABOR DAS BAGOAS

O CACIQUE "PAKARAIÑA"

STRANGE FRUIT: ECHE O QUE HAI!

«SHELL SHOCK»: NEUROSE DE GUERRA

A DERRADEIRA SINGRADURA DO ANDRUCHO

SERVIDUME VOLUNTARIA (II/IX)

RUTH MATILDE ANDERSON EN NOIA - 1924 e 1926