Publicacións

VENUS, A DEUSA DO AMOR

Imaxe
ICONOSÓFICA O Nacemento de Venus (en italiano, La Nascita di Venere - 1482-85) é un cadro realizado polo pintor renacentista Sandro Botticelli (1445-510), unha das obras cume do mestre florentino e do Quattrocento italiano. Está executado ó temple sobre lenzo e mide 278,5 cm. de ancho por 172,5 cm de alto. Está exposto na Galería Uffizi, en Florencia. Este cadro foi no seu tempo unha obra revolucionaria por canto presentaba sen tapuxos un nu feminino non xustificado por ningún compoñente relixioso, así como un tema mitolóxico procedente da cultura clásica grecorromana anterior o cristianismo, o que supuña a plena aceptación -o menos por parte das elites culturais- do novo humanismo renacentista alonxado do escurantismo medieval. A súa interpretación iconográfica vincúlase ca Academia Platónica Florentina, un círculo intelectual patrocinado poa familia Médici que se cultivou tanto no terreo da filosofía como da literatura e a arte. O significado da obra está relacionado pois co neopla...

A CREBA

Imaxe
Desembocadura do río Tambre. A Creba é o illote que se ve a esquerda. Plinio a situaba nos pobos Tamaricos dicindo que nela se atopan as famosas Aras sextianas, feito que parece corroborar Carré Aldao ao dicir: “que as tan discutidas Aras sextianas, torques de ouro e fíbulas preciosas apareceron por estes paraxes e foron a enriquecer as colecciones soberbias do Sr. Blanco-Cicerón”. Na Historia Compostelana relátase como os piratas-sarracenos e normandos (vikingos), instalados na illa asolaban frecuentemente a costa provocando que os nativos abandonasen as súas casas a comenzos da primavera ate mediados do outono refuxiándose nos montes próximos. Alvaro das Casas escribe: Que a últimos do século XI, os Almorávides fixeron incursións polos alrededores da Vila de Noia, no ano 1.115 dominaron a illeta da Creba, cerca da desembocadura do Tambre, arrasando a Vila de Noia” A Creba é unha pequena illa, duns trescentos metros de lonxitude e algo máis de cen de anchura. En tempos os pescadores...

ESCALA EVOLUTIVA DIDÁCTICA

Imaxe
Combinando a relación experimental, distancia-velocidade radial das galaxias, cos modelos teóricos derivados da Relatividade Xeral de Einstein, chegamos a idea actual de vivir nun Planeta, cun diámetro de 40.000 Km., que xunto outros, da voltas ó redor do Sol, formando un Sistema Solar cun diámetro duns 100.000 a.l. (anos luz), integrado nunha Galaxia con forma de espiral chamada "Vía Láctea". O Sol, a nosa estrela, é ún dos douscentos millóns delas que se estima que hai na Vía Láctea, esto daría uns 3,2 billóns de planetas na Galáxia. O Sistema Solar dista uns 26.000 a.l. do centro da Galáxia, e demora uns 250 millóns de anos en orbitar a Vía Láctea. A Galáxia ten uns 100.000 a.l. de ancho e uns 1.000 a.l. de grosor. A nosa Galáxia, nun Universo en expansión, cuns dous billóns de galaxias como a nosa no Universo observable, e xurde a cuestión de: "si o Universo é 'o todo' , ou formará parte dun hipotético multiuniverso ?". Desde o punto de vista mecanicist...

SERVIDUME VOLUNTARIA - VI/IX

Imaxe
ÉTIENNE DE LA BOÉTIE (1530-1563) Étienne d'a Boétie propon un enfoque sobre a condición humana e social do individuo. Contaba con dezaoito anos cando escribiu o "Discurso contra a Servidume Voluntaria", recorre ós clásicos, con soltura e dominio, como exemplo ilustrativo para desvelarnos con amenas erudicións, a escandalosa vileza que aniña no íntimo do noso ser, xunguíndonos con soberbia, a os máis lacerantes xogos político-económicos. Aínda que o “Discurso”, non tiña a intención de curar a ferida mortal, que a xuízo de Étienne, consideraba que o vulgo sufría, e que séculos despois de sucesivas tiranías, escravitude, guerras, exterminios masivos,... e demais barbaridades inenarrables, este “Discurso” actualízase coa brillantez, dun importante aviso para navegantes, lembrándonos, sen pó nen palla, que a submisión máis salvaxe, non é a que se impón por medio da forza, senón por medio da escandalosa e fraudulenta elección popular e a pasividade do costume. Mais, volvend...

LIMITES PLANETARIOS

Imaxe
Cada ano, cada cidadán norteamericàn gasta unha media de 16 toneladas de minerais e combustibles fósiles. Se multiplicamos esta cifra pola poboación de Estados Unidos (270 millóns) obtemos unha cantidade de toneladas tremenda. Peor aínda: en todo o mundo desenrolado, o consumo crece a par do crecemento económico, en torno o 3%- Esta cifra, aparentemente inocente, non o é: significa que dentro de 23 anos consumiremos o dobre que agora (2002, ano de publicación de "Biografía da Terra", libro do que se extrae o presente artículo). E o mesmo sucede co resto dos recursos, coas consecuencias previsibles: destrución das reservas de peixe, talas (e incendios) desmesuradas, ou extracción cada vez maior das augas subterráneas. Estes últimos recursos levan a tranquilizadora etiqueta de renovables, pero só ate certo punto: superado este, pasan a ser tan agotables como o petróleo ou o cobre. 1972_CLUB DE ROMA: CRECEMENTO CERO. A principios da década de 1970, un grupo de educadores, ec...

SERVIDUME VOLUNTARIA - V/IX

Imaxe
QUINO O “Discurso sobre a Servidume Voluntaria” ou “O Contra Ún”, é unha breve requisitoria de 18 páxinas contra o absolutismo, que sorprende pola súa erudición e solidez, xa que quen o escribiu, só tiña 18 anos de idade. Cando Michel de Montaigne leeu esta obra, inmediatamente quixo coñecer ó autor. De este encontro, nace unha amizade, que remata coa temprana morte de La Boétie. Hai tres especies de tiranos. Refírome aos malos príncipes. Chegan uns ao poder por elección do pobo, chegan outros pola forza das armas, e outros sucedendo aos da súa raza. Dignos de lamentación, son os que naceron coa canga ao pescozo. Deben ser desculpados e perdoados, pois, nunca tendo visto sequera a sombra da liberdade e ninguén lla teña mostrado, non saben como é de malo seren escravos. Hai países en que o Sol aparece de modo distinto a como estamos habituados: despois de brillar durante seis meses seguidos, quedan mergullados na escuridade, e non os visita en medio ano; se os que naceron durante...