CARTAS D'ALÁ
Pepe Miñóns, o primeiro pola direita, con maletín e gafas, na factoría baleeira de Caneliñas (Cee). DE FISTERRA A BARCELONA, POLA VOLTA DE RIO XANEIRO Copia fidel dunha carta recibida en Rìo de Xaneiro e datada en Fisterra o 19 de Xaneiro do 1937, que pudo sair de Galiza agachada no seo dunha muller. Trátase de persoas honradas e dinas de fé, cuios nomes non se din por ter alá familia que pudera ser ouxeto de represalia. Querido irmán: Como fai tanto tempo que non sei nada de ti, teño medo que che pasara algún mal, n’estes tempos en que todo esta revolto. Saberás que, desde o mes de xullo do ano anterior, que houbo un levantamento de tropas na Coruña contra o Goberno, en toda Galiza reina o mais espantoso medo, porque se fusila e persigue a todos cantos tiñan ideas ou compromisos esquerdistas. E polo que toca a este Partido de Corcubión, asusta o que pasa meu irmán, pois a todos os amigos de don Pepe Miñóns, persoa tan boa e amante dos probes, que non fixeron nada malo, zoupan n...