LIMITES PLANETARIOS
Cada ano, cada cidadán norteamericàn gasta unha media de 16 toneladas de minerais e combustibles fósiles. Se multiplicamos esta cifra pola poboación de Estados Unidos (270 millóns) obtemos unha cantidade de toneladas tremenda. Peor aínda: en todo o mundo desenrolado, o consumo crece a par do crecemento económico, en torno o 3%- Esta cifra, aparentemente inocente, non o é: significa que dentro de 23 anos consumiremos o dobre que agora (2002, ano de publicación de "Biografía da Terra", libro do que se extrae o presente artículo). E o mesmo sucede co resto dos recursos, coas consecuencias previsibles: destrución das reservas de peixe, talas (e incendios) desmesuradas, ou extracción cada vez maior das augas subterráneas. Estes últimos recursos levan a tranquilizadora etiqueta de renovables, pero só ate certo punto: superado este, pasan a ser tan agotables como o petróleo ou o cobre. 1972_CLUB DE ROMA: CRECEMENTO CERO. A principios da década de 1970, un grupo de educadores, ec...