Publicacións

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

Imaxe
Os Ultreias na 3ª Xeira no dolmen de Axeitos (Corrubedo). Nesta Terceira Xeira os Ultreias desenrrolan unha expedición polo entorno do Barbanza, esta sería a primeira das proxectadas. Outras a realizar serían: exploración da ribeira do Tambre, as Serras de Mazaricos, a bisbarra do Xallas, a ría de Muros-Noia na súa totalidade, ... Usando a metodoloxía que xa viñan afinando e mellorando das Xeiras anteriores para a realización desta análise inédita, a excepción do catálogo prehistórico folclórico de Cuevillas e Bouza-Brey, publicado polo Seminario de Estudos Galegos. O estudio a realizar, abarcaría valorar a riqueza prehistórica-arqueolóxica, reconto das poboacións, flora da montaña, labores que se realizan no agro, etcétera, rematando no Faro de Corrubedo para coñecer o seu funcionamento, organización e traballos: “... de ligar en nobre e patriótica conversa a nosa pequena cultura de homes, que comezan a aprender coa vella e controlada sabenza dos vellos pobos enraizados nun doloro...

VIDA UTERINA: O CURTO PARAISO TERREAL DO HUMANO

Imaxe
CROMOSOMAS, XENES E HORMONAS Todas as células do organismo conteñen no seu núcleo o patrimonio xenético, expresándose polos "xenes" contidos nos cromosomas. Se illáramos os cromosomas do núcleo celular, obteríamos unha imaxe de varias figuras agrupadas por parellas coa forma de pequenos paoiños entrecruzados. O ser humano ten 46 cromosomas en cada unha das súas células, que se agrupan en 23 pares símilares na súa forma de X. O par número 23 si é XX determina a feminidade e si é XY a masculinidade. Si se plasmara en papel a información xenética contida no núcleo de unha célula, posiblemente ocuparía uns mil libros de 500 páxinas cada un. Dispoñemos duns 100 billóns de células no noso corpo, uns 100.000 millóns son neuronas. As células xerminais (óvulo na muller, espermatozoide no home) dispoñen de 46 metades (23 pares de un dos travesiños da escaleira) dos cromosomas, co fin de conxugarse entre os dous proxenitores, completando os 46 cromosomas. Os cromosomas están forma...

ACULTURACIÓN - PIER PAOLO PASOLINI

Imaxe
No ano 2022, cúmpríronse os cen dende o nacemento de Pier Paolo Pasolini (Bolonia, Emilia-Romaña, 5 de marzo de 1922 – Ostia, Lacio, 2 de novembro de 1975) , un autor que deixou unha obra dun deseño admirable, sen igual no seu arco temporal e espacial de poeta, cineasta, ensaísta, narrador, dramaturgo, e todo un criterio apabullante feito ós froitos dos días e dunha fresca inspiración. Cuestionando as ideas imperantes de obra, beleza e artista, e do papel da arte na sociedade tardo-capitalista. Consciente da súa individualidade: “Eu carezo de calquera autoridade que non sea a que se desprende, paradoxalmente, de non ter ningunha e non querer tela; de estar en condicións de non ter nada que perder, e por elo, de non ser fidel a ningún pacto que non sea o que teño cun lector ao que considero, polo demais, digno da máis escandalosa das indagacións”. A idea central do último Pasolini, é a de que "fascismo somos todos" por dar as costas a Terra e o Misterio; que esta sociedade...