Publicacións

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN

Imaxe
O teatro lírico ou zarzuela, retómase en Noia coa reposición de "Xigantes e Cabezudos", coa dirección artística de Emilio Salanova, e dirección musical a cargo de Francisco de Andrés, entre as actrizes: Leonor Reino, Isabel Sarmiento, Emilia Caamaño, Clara Hidalgo, …; e os actores: Prudencio Romo, Francisco Vaamonde, Francisco Pérez, Xesús Arufe, Xosé Brenlla, Renato Pestonit. Nun "combo" onde se contabilizan seis cabezudos, dezaoito mulleres, vintedous homes e seis rapaces, facendo un total de cincoenta e duas persoas. Representaron no Coliseo Noela, no ano seguinte tuveron un éxito sen precedentes na súa representación en Vilagarcía de Arousa. FAI 78 ANOS... No obituario de famosos deste ano, cabe destacar a morte do toureiro Manolete, corneado na praza de touros de Linares (Xaén), o ganster Al Capone na súa casa de Miami Beach, víctima da sífilis, o poeta Manuel Machado, o político nacionalista catalán Francesc Cambó e o magnate do automóvil Henri Ford. Declár...

CATALINA DE ERAUSO, A MONXA ALFÉREZ (I/III)

Imaxe
Dona Catalina de Alférez, coa golilla, o alzapescozo de ferro e o coletillo de "ante mal atacado", de aspecto viril, militar e aspro, de persoalidade pouco conciliante. "Esta é a historia de un ser de outro mundo, dun animal de galaxia, é unha historia que ten que ver co curso da Vía Láctea, é unha historia enterrada, é sobre un ser da nada", canta Silvio Rodriguez no tema da “Canción do Elexido” referíndose ó Che Guevara, e que encaixan coma unha luva en Catalina de Erauso. Catalina de Erauso convértese en home a edade de quince anos por pura supervivencia. A súa vida como muller lle foi negada, cando a familia decide ingresala no convento para convertila nunha novicia máis. Recibe unha "educación espartana", en condicións de clausura conventual, pasando "de nena a ancián" sen experimentar o tempo de xuventude, onde forxa unha persoalidade irreductible e única, allea ós valores educativos tradicionais da época. O seu corpo convertido nun car...

GACETA MUNICIPAL - 7 AGOSTO 1931

Imaxe
Entre as primeiras envasadoras figuran a de Alexandre Carreño e Cia (1856) e "A Noiesa" de Félix García Somoza Caamaño e Irmán (1880). No Anuario de Pesca do 1908 se contabilizan 4 conserveiras en Noia, cunha produción de 152 toneladas. Nese momento, primeira década do século XX, estase a producir un cambio nas formas de produción, na liña coa explotación capitalista. A nova burguesía salazoneira, agora conserveira, que abastece ó imperio Inglés e Alemán, basea o seu proxecto industrial liberal, cunha forte división sexual do traballo. O dono da conserveira, quítalle un bo rendemento, a precariedade histórica da muller, acentuado cunha escasa regulación do traballo feminino, permitindo a consolidación e crecemento da industria conserveira, até a actualidade. No 1917 se produce un incendio na fábrica de conservas "A Noiesa". Se restaura e prosigue a súa produción. Na década dos trinta, a sobrexplotación do peixe para conserva, agota este recurso. Comenza a divers...