Publicacións

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

Imaxe
Domingo Fontán , n. Portas-Caldas de Reis (Pontevedra) o 17 de abril de 1788 - m. Santiago de Compostela o 22 de maio de 1867. A INDUSTRIA DO PAPEL A Industria Papeleira tiña unha arraigada tradición, na que seguramente influirían os industrias xenoveses do papel na Idade Media. Na aldea de Castro, Domingo Fontán funda unha papeleira no 1835, onde residiu algún tempo o insigne matemático e xeógrafo, autor do mapa topográfico de Galicia. A súa fábrica contratou co Estado a fabricación do selado. Posteriormente pasaría a mans de Ramón López Rodríguez. No 1844 sairon polo porto noiés 1.200 resmas de papel. No 1849 había unha fábrica de papel en Noia, e en Lousame na Alvariza e dúas en San Martín de Lesende. Francisco Iglesias expuso papel de estraza fabricado con "pita" na Exposición de Santiago de 1858, e na de Pontevedra no 1880. Actualmente non existe nengunha papeleira na Comarca, a derradeira que funcionaba en Brandia (Lousame) a pleno rendemento, foi trasladada a finais ...

MARÍA CHOROU NOS PÉS DE XESÚS

Imaxe
Nado en Montreal no 1960, Chester Brown publicou a súa primeira tira ós doce anos nun periódico local, e antes de cumprir os vinte trasladouse a Toronto co propósito de profesionalizarse na súa paisón que o catapultaría como unha das personalidades máis novedosas do cómic independente. No 1983, autoedita o minicomic “Yummy Fur”, que sería o previo a editar a súa novela gráfica “O Paiaso Feliz”, que acadaría varios premios internacionais, e as lembranzas autobiográficas co título de “O Playboy” e “Nunca me gustaches”. Outros traballos notables son a biografía do líder rebelde canadense do século XIX “Louis Riel”, ou as súas rotundas reflexións sobre a prostitución, baseadas en experiencias reais, recollidas no libro “Pagando por Elo”. De personalidade introvertida pero impúdico no seu discurso, Chester Brown logrou converterse nunha das voces máis poderosas e influentes con que conta hoxe o mundo do cómic para adultos. “SON MARÍA DE BETAÑA E MARÍA MADALENA, A MESMA PERSOA?” Non pod...

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

Imaxe
Mercado de verduras na Praza da Fanaqueira en Noia, 14-18/febreiro/1926, de Ruth Matilda Anderson. 10 de Maio de 1931: Fúndase en Bos Ares a Asociación do Partido Xudicial de Noia. 4 de Xuño de 1931: O Ministerio de Instrucción Pública acorda declarar "Monumento Histórico Artïstico Nacional" a Igrexa de San Martín. 18 de Xuño de 1931(mércores): Primeira sesión do Concello da Segunda República, acordando o cesamento da Comisión Xestora da República e a constitución do novo Concello baixo a presidencia de D. Xermán Vidal Barreiro que toma posesión do seu cargo, ademais dos demais concelleiros: Constantino Nimo Freire, Segundo González Pérez, Pedro Sáez Pichel, Xaquín Fernández Luces, Rodrigo Romaní Riva, Severo González Riva, Francisco Fernández Rodríguez, Manuel Villaverde Nieto, Emilio Seijas Ageitos, Manuel Mariño Boullón, Ramón Calvo Rodríguez, Manuel Róo Pais, Ricardo Abeijón Suárez, Ramón Tomé Carou, Manuel Antelo Lourido e Xosé Montero Campos. Se procede a elecció...