NOTARIO IOANO MOAES, AS MARCAS DOS PEDREIROS E O ANO DO COMETA
O sarcófago empotrado baixo un "arcosolio", situada a esquerda da porta principal, cuia interpretación nos remite á existencia da "Igrexa ou os Frades do Sobreiral" da lenda popular, dos que se da conta deles en documentos orixinais anteriores á carta da fundación do Concello e Porto da Vila no 1168, nos que se fala de Santa Cristina de Nogia ou Noia do século XI, das Vilas de Taramancos, Boa e Couto do Obre de mediados do século X, de Róo, Lousame, Vilacoba, Lesende, Fruime, Tállara, Argalo, etc., como fregresias florecentes dende o s. XI, como consolidadas dende fai tempo. A NAVE DO TEMPLO DE SANTA MARÍA DAFORA O templo de Santa María sigue o sinxelo modelo de nave única, con cuberta de madeira, e a capela maior rectangular abovedada. A nave divídese en catro tramos establecidos por arcos transversais, doblados e apuntados, que descansan en pilastras rectangulares de escasa altura e destacadas do muro. A acentuada proxección das pilastras, as converte en contr...