Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2026

DESORIENTACIÓN / O QUE SON OS NENOS!

Imaxe
Autorretrato de Patricio Pérez Morales. 1/10/1901: Marcelino Rodríguez Castro, Director do Centro docente "San Vicente de Paúl", edita unha relación de alumnos do curso 1900-1901, cas seguintes cualificacións: Sobresalientes- 5, Notables- 11, Aprobados- 106 e Suspensos- 6. Total: 128 alumnos. Neste centro escolar cursábase: Bachillerato e preparación para as carreiras eclesiásticas, Maxisterio e Comercio. 1902: Na Exposición Rexional Galega celebrada en Santiago de Compostela, conseguiu Gran Premio a Industria de Alexandre Carreño e Fillos, e Diploma de Honor, a tamén afamada fábrica de conservas "A Noiesa" de Felix García Somoza. No Certame de París "Le Correspondant Médicale" celebrado este ano 1902, foi presentado un traballo do eminente doutor noiés Xesús Rodríguez Vázquez (avó dos actuais Rodríguez Cadarso), colleitando un grande éxito, o mesmo que o seu colega o doutor Xoán Barcia Caballero, de Santiago. 10/06/1903: No Xulgado de Primeira In...