Publicacións

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (3/4)

Imaxe
Tropas da Brigada Erhardt da Weimar, na Porta de Brandeburgo durante o golpe do Kapp, Berlín, 1920. A REVOLUCIÓN ALEMANA Sigue o conflito bélico na «fronte interna». Vencedores e vencidos retornan ó seu lugar de orixe, a intentar refacer as súas destrozadas vidas. Algúns celebrando o seu primeiro baile popular tras catro anos de carestía e horror, os prisioneiros que esperan ser reenviados ó seu pais, nenas e nenos orfos da guerra, ... Todo un mostrario da desolación de seres humanos, atrapados pola violencia e o deterioro da guerra. Escenas de compasión e dor, de xentes afectadas por unha catástrofe común, sobre a que non teñen maior responsabilidade que soportar o desastre. A comezos de decembro do 1918, co apoio do SPD no goberno, o líder nazi Eduard Stadtler e promotor da «Liga Antibolxevique», publica un folleto distribuído por Berlín en grandes cantidades, animando ó linchamento dos líderes espartaquistas: «Obreiros, cidadáns! A patria achégase ao fin. Salvádea! Se encontra ...